luns, 5 de decembro de 2016

TRIUNFO DE ESSADAOUI E ALVITE NA PROBA DE BOIRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Os corredores tomaron onte as rúas de Boiro co gallo dunha nova edición da carreira popular Memorial Pepe Buceta. Máis de oitocentos atletas nas liñas de saída e numeroso público polo centro urbano para presenciar unha proba que gañou na categoría masculina o pontevedrés Akka Essaadaoui. Pola súa banda, a mazarica Rocío Alvite demostrou que está nun gran momento de forma ao facerse co primeiro posto na categoría feminina.

A intención dos organizadores, o Concello e Arousa Norte, é que esta disciplina deportiva chegue a todos os sectores da poboación. E conseguírono.

Os primeiros en tomar a saída foron os máis pequenos. Os raparigos gozaron dunhas carreiras moi concorridas e cun público moi animoso ao longo do percorrido.

A continuación púxose en marcha a proba para os maiores. O pontevedrés Essaadaoui non deu opción aos seus rivais, sacándolle trece segundos ao seu inmediato perseguidor, Juan Antonio Gude. Rubén Caamaño cruzou liña de meta en terceiro lugar.Espectacular foi a proba da mazarica Rocío Alvite. Volveu demostrar que na actualidade é a mellor da comarca e onte subiu todo o máis alto do podio por décimo cuarta vez esta tempada, por diante de Natalia Lorenzo e a local Lara Buig, que se fixo ademais co galardón de primeira boirense. O mellor local clasificado foi Juan Cepeda Reboiras, do Barbantia Roda.