domingo, 21 de maio de 2017

TRIUNFOS NA POPULAR DA VALENZÁ PARA RUBÉN DIZ E ANA MARÍA OCAMPO (Fonte: www.farodevigo.es)

Os atletas Rubén Diz e Ana María Ocampo fixéronse coa vitoria onte na segunda edición da Carreira Popular da Valenzá, unha cita enmarcada no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo que se celebrou con éxito de participación. Medio milleiro de corredores repartidos en 11 categorías tomaron a saída, desde a seis da tarde, na Avenida de Celanova. Os da absoluta percorreron un total de sete quilómetros.