¿Por qué eliximos como data o Sábado, 6 de Xuño? Porque é a véspera dunha das festas máis importantes do noso Concello.
Situados a 35 minutos da Coruña e 30 minutos de Santiago, cunha ubicación inmellorable, e cun percorrido atractivo (case un 70% dos 6800 metros, é de terra), así como un ambiente enxebre e acolledor, coa ilusión de todo o pobo involucrado na organización (elaborando petiscos e animando); si que podemos calificar a nosa carreira como unha Carreira Popular das de antes, na que todos/as os participantes levarán como recordo material unha camiseta técnica, e como ben especifica o regulamento, trofeos e medallas do III Circuíto Provincial da Deputación da Coruña.
Por todo isto e máis, contamos contigo para axudarnos a que o mellor recordo da “VI Tordoia in essence” sexa o recordo inmaterial do vivenciado con nós.