domingo, 17 de abril de 2016

UN ERASMUS CHECO DO INEF GAÑA O MARATÓN DA CORUÑA (Fonte:www.lavozdegalicia.es)

«Quería probar, nunca correra un maratón». Dio o checo David Pelisek tras tomar aire na liña de meta da praza Coruñesa de María Pita. Este estudante checo de Inef, que vive en Galicia desde setembro, é o sorprendente gañador da proba por tratarse do primeiro maratón que corre na súa vida. «A miña proba é o medio maratón, tamén corrín 5.000 e 10.000 metros, queríame probar e hoxe grazas a que non fixo frío nin choveu atopeime moi ben», sinalou o mozo de 25 anos. O seu crono, provisional, é de 2 horas, 29 minutos e 26 segundos.

En segundo lugar clasificouse Víctor Gonzalez, da Pobra do Caramiñal, e terceiro foi o portugués Antonio Moreira.