Un milleiro de atletas confirmou a súa asistencia á primeira edición da San Silvestre de Ourense que se celebrará o día 31 de dciembre e que arrincará ás 17.00 horas e percorrerá o Parque Barbaña. Está organizada polo Club Deportivo Aurum e conta coa colaboración do Consello Municipal de Ourense.
A recollida de dorsais poderase realizar mañá día 30 en Turini, en cálea Cardeal Quevedo, 19. O horario será de 16.30 a 20.30 horas. A organización insiste que non se entregarán dorsais o mesmo día da carreira. Todos os que participen terán unha bolsa con chocalate e cotillón, algo importante para despedir o ano 2016 e cunha participación alta.