De novo e unha vez máis o lucense Adrián Ben acaba de establecer un novo Récord Nacional Junior de pista cuberta na proba dos 3.000 m.l. durante a disputa do Gran Premio Ciudad de Valencia ó acadar un rexistro de 8.06.12, que supón millorar os 8.07.02 que dende o ano 2009 establecera David Bustos en Vilafranca. Na proba que sería gañada por Cakip Lachgar con 8.05.36 tomaría parte tamén o atleta Tariku Novales que abandonaría
O lucense continúa así o seu asombroso arranque de tempada que o levarían o pasado día 03 en Madrid a acadar o Récord Nacional dos 1500 m.l. cun rexistro de 8.43.10. que o poñen ó fronte dun cambio xeracional galego que comeza con moitísima forza este novo ciclo.
Lembramos que Adrián Ben empezaría a adestrar este ano ás ordes de Arturo Martín na Residencia Joaquín Blume de Madrid onde conta cunha beca de interno e na que ademais, ficharía polo F.C.Barcelona, logo de que estivera dende as súas orixes vencellado ó Lucus Caixa Rural Galega.