A VI Carreira Popular de Xermade reuniu este sábado no municipio chairego a uns 250 competidores, dos que un centenar disputaron a proba absoluta e o resto distribuíronse nas distintas categorías base.
O guitiricense Antonio Teijido López, do club Verxel Nutrición Deportiva, impúxose na competición xeral, empregando un tempo de 18 minutos e 49 segundo para completar os 6,2 quilómetros do circuíto. Pola súa banda, a vibalbesa Raquel Guizán Castro, do Zeppelin Torguesa Finfloor, fixo o propio entre as mulleres, parando o crono en 23 minutos e 44 segundos.