domingo, 13 de agosto de 2017

UNHA CARREIRA DURA E BRANDA (Fonte: www.atlantico.net)

Unha carreira dura porque se disputa sobre unha superficie branda. É a Nigrán Area, que discorre integramente por area, en Panxón e Praia América con motivo da baixamar. Onte, resultou especialmente branda a bajamar estaba prevista para pasadas as 14 horas e a proba disputouse dúas antes. Co areal especialmente húmido.

Estas circunstancias foron as que se atoparon os ao redor de 500 participantes que se deron cita na proba divididos na proba sénior e as carreiras para categorías inferiores. Os maiores cubriron, aproximadamente, unha distancia de 6.000 metros con vitoria para Maikel Rodríguez, do Budiño Rai, un especialista en carreiras de montaña e que superou a José Alberto Bastos e Óscar Bernárdez, dous habituais das competicións en ruta en Vigo e a área metropolitana.

En mulleres, o triunfo foi para a moza céltica Aída Martínez, seguida de Mónica García-Pagán e María Varela. 

A proba sénior completárona 254 aos que é preciso engadir os 226 participantes nas carreiras para menores.