A auga e o vento foron o peor rival para unha cita que nace co obxectivo de consolidarse no calendario atlético e social. Unha milla (1609,34 metros) que se disputa na rúa do Paseo e que ademais colabora de forma solidaria cunha boa causa, na súa estrea, pola loita contra o cancro.
"A verdade é que o tempo foi infernal e aínda así os corredores responderon de marabilla. Houbo algunhas baixas entre os máis pequenos, como é normal, pero os maiores correron case todos os que estaban inscritos", explica o organizador da proba, o presidente do Club Aurum, Lalo Gómez.
Pensa xa na segunda edición: "Ao atletas gústalles correr onde os pode ver a xente e a rúa do Paseo quedou moi bonita con este percorrido. Creo que todos quedaron contentos, os patrocinadores, os atletas e as institucións".
Ademais, a primeira edición da Milla Solidaria conseguiu recadar 650 euros para a loita contra o cancro.
Julián Romero e Sharay Astariz foron os mellores
Un percorrido homologado, vistoso e situado en pleno centro da cidade foi o mellor reclamo para citar aos atletas.
A auga condicionou aos corredores, sobre todo nos pasos por curva, que non se libraron dalgunha caída. Os tempos foron notablemente inferiores aos que debería rexistrar esta distancia.
Julián Romero, do Ourense Atletismo, impúxose na súa serie e asinou o mellor rexistro de todos os participantes cun tempo de 5:21. Breogán Gigirey (San Paio) e Alejandro Montero (Ourense Atlétismo) seguíronlle a un e tres segundo respectivamente.
Entre as mulleres, o mellor tempo foi para Sharay Astariz con 6:11. Segunda foi Barca Toba (ADAS) a tres segundos e terceira, Ana Fiestras (Atletismo Santiago a cinco.
Foron os mellores tempos dun Milla Solidaria na que tomaron a saída máis de 120 atletas nas 12 series que se disputaron.
Fonte: www.laregion.es