O kenyano Hosea Kiplimo e a española Mónica Gutiérrez gañaron a duodécima edición do medio maratón Coruña21, que contou con case 2.000 atletas e foi a máis rápida da súa historia.
Os fondistas kenyanos dominaron a carreira masculina e coparon o podio con Kiplimo no máis alto cun tempo de 1 h02:30, co que pulverizó o récord da proba coruñesa, que estaba en 1 h02:57. O ritmo que marcaron Kiplimo, Vestus Cheboi e Edwin Kipruto só resistírono nos primeiros quilómetros os marroquís Jaouad Chemlal e Hicham Oualla e o galego Manuel Furtado, que foi o primeiro en ceder metros para acabar a carreira en sexta posición (1 h07:53).
O vencedor conseguiu superar na meta a Cheboi, que tamén mellorou (1 h02:44) o récord que estaba vixente en Coruña21, a catorce segundos do gañador e con ampla marxe, case tres minutos, con respecto a Kipruto, que foi terceiro.
En categoría feminina, a vencedora foi a atleta de Zafra (Badaxoz) Mónica Gutiérrez, que cruzou a liña de meta en 1 h13:37, con case catro minutos de vantaxe sobre a marroquí Asmae Ghizlane (1 h17:32).
A galega Paula Mayobre, da localidade coruñesa de Ares, quedou a medio minuto de Hanane.
Os organizadores propuxeron un percorrido a dúas voltas, a primeira con algo máis de 9,3 quilómetros e a segunda, con 11,8, nas rúas da Coruña.
Fonte: www.elcorreogallego.es