Mañán derradeiro día para inscribirse a CorreSan Nocturna. Case son 800 os atletas inscritos que poderán presumir de percorrer as rúas do casco histórico compostelán de xeito especial.
Pero non todo será correr, porque poderemos facer o noso quencemento ao ritmo da música de LOS40 Galicia e cos mellores mestres do baile. E para que non falte de nada, unha pantalla xigante iluminará a praza do Obradoiro ao ritmo das vosas pegadas.
Lembrade os circuitos escolares e de adultos, os horarios, que haberá premios especiais aos tres primeir@s clasificad@s de cada categoría e que tamén que poderedes recoller o voso dorsal na Praza do Obradoiro a partir das 20.15 horas. Está é a derradeira oportunidade de apuntarvos a modalidade de circuito (xa case somos 500 inscritos en total no circuito).
Todo isto e moito máis na nosa web www.corresan.com (ver novas) onde iremos subindo as novidades da proba nocturna e do circuito.
Vídeo Pormocional 2015