domingo, 2 de agosto de 2015

VÍCTOR RIOBÓ TOMA O RELEVO EN ANGROIS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Cada unha das carreiras incluídas no circuíto CorreSan ten a súa singularidade e a de Angrois é, posiblemente, a que máis se significa pola súa carga emotiva. Hai un ano, Pedro Nimo e Iván Raña, dous atletas de alto rango no concerto internacional, inscribiron o seu nome ao alimón como primeiros gañadores desta cita, ao cruzar a liña de meta á vez. Esta vez ningún de ambos puido tomar parte na proba, que estreaba variacións no circuíto. Pero tomoulles o relevou outro ilustre, Víctor Riobó, do Club Atletismo Santiago. A continuación entraron Rubén Caamaño, do Clube Atletismo Sar, e Amador Pena, do Noitebra, para completar o podio masculino en categoría absoluta.

No cadro feminino, Vanessa Lafuente, do club Central Perk, impúxose con autoridade. O segundo posto foi para Jessica Inés Muiños, do Sampaio da Estrada, e o terceiro para Tina Marie Fernández, do Urban Runners.

A carreira foi seguida por unha notable afluencia de espectadores nunha tarde calorosa que contrastou, no plano meteorolóxica, coa cita de hai un ano, entón marcada pola choiva e o tempo desapracible.

Un espectáculo de zumba antes da competición e os sones das gaitas contribuíron a animar a xornada cunha programación de actividades na que a organización contou coa colaboración inestimable da Asociación Veciños de de Angrois e do Clube Atletismo Noitebra.

Finalmente, o número de inscricións superou as oitocentas. E, a tenor das impresións dos participantes á conclusión da proba, as variacións introducidas no trazado para esta segunda edición foron moi do agrado dos atletas.

Categorías de base
En categorías de base os gañadores foron os seguintes: en benxamíns, Iago Iglesias e Sofía Ddotman; en alevíns, Efrén Canle e Karol Santos; en infantís, Fikaa Santos e Noelia Iglesias ; e en cadetes, Arturo Ramos e Patricia Viadel.

Para completar o circuíto CorreSan deste ano quedan dúas carreiras no calendario. Dentro dun mes disputar a cronoescalada da Granxa do Xesto, no Monte Pedroso.

E o día 10 de outubro será a quenda para o circuíto que se habilitará na contorna da Cidade da Cultura.