luns, 12 de decembro de 2016

VANESA BERDEJO E ROBERTO RIOBÓ COROARON A TRAIL GALAICA DE NOIA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Vanesa Berdejo e Roberto Riobó foron os nomes propios da última proba do circuíto Trail Galaica que se disputou onte en Noia. Ambos deron un auténtico recital de potencial físico nunha competición complicada, cun traxecto moi esixente. Riobó, do Club de Montaña Xesteiras, estivo acompañado no podio por Amador Pena, do Clube Deportivo Vagalume, e Ramón Picos, do Tribo Trail. Carlos Lorenzo, do C. D. Portosín, foi o primeiro corredor da comarca barbancesa logrando un meritorio cuarto posto.

Os postos de honra femininos estiveron coroados por Estrela Moreira, do Fontes do Sar, que terminou segunda, e Eva de la Fuente, do Vagalume Enerxía, terceira en liza. O cuarto posto recaeu sobre Carmen Casal, mentres que o quinto foi para Olalla Conde.

Dos case 200 participantes, foron 153 os que chegaron á meta. Tal e como recoñeceron desde a organización, a cargo da Federación Galega de Atletismo, a pesar da esixencia que requiría o circuíto, os corredores mostraron a súa satisfacción pola beleza do enclave. Iván Sanmartín, delegado da federación de atletismo , que destacou o traballo de Cruz Vermella, asegurou: «Facemos unha valoración moi positivo. Vimos un compañeirismo incrible e a xente quedou moi contenta».