domingo, 21 de decembro de 2014

VENCEDORES NAS PROBAS POPULARES Carreira Sin-Son, 53º Carreira do Pavo, Carreira Popular de Sada e Trail San Andrés de Teixido

Como xa ven sendo habitual, os días previos a Noiteboa son os que concentran un maior número de probas populares en ruta na nosa comunidade. 

Na mais numerosa, a carreira en liña entre as belas localidades de Portosin e Porto do Son (Carreira Sin-Son)  venceron os grandes favoritos: o ourensán Alejandro Fernández quen reaparece despois de moitos meses afastado da competición por lesión e Solange Pereira quen mostrou tamén que está recuperada de pequenos problemas físicos. 

Na 53º Carreira do Pavo en Vigo os millores foron Akka Essaadaoui e Esther Navarrete. Abdelkader Bouguerrouudj e Inés Pampín foron os primeiros en cruzar a liña de meta na Carreira Popular de Sada. G.P do Nadal e, finalmente, no trail San Andrés de Teixido os vencedores absolutos foron Victor Cousillas e Raquel Guizan