A falta de dous días para o peche do prazo de inscricións, a VI Carreira Popular Torre do Castro xa conta con preto de 150 atletas de tódalas categorías dispostos a completar alguna das cinco carreiras programadas pola organización, que comezarán ás 10:30 h do domingo, coa carreira absoluta, cun percorrido de 8 km, para despois dar paso ás probas escolares e de pitufos.
A Torre do Castro e o San Bieito de Uceira volverán a ser testemuñas do esforzo dos intrépidos atletas que desafiarán as duras rampas que levan ata a capela do santo.
Tanto Concello como a A. D. Limiactiva traballan para que todo esté listo o domingo en Sandiás e xa organizaron unha comida post carreira, para todo aquel que queira repoñer forzas compartindo mantel con atletas, familiares e acompañantes.
Para facer a reserva da comida, será necesario enviar un mail a limiactiva@gmail.com indicando o número de comensais e menú elexido, antes do venres ás 15:00 h.
IMPORTANTE: A lista dos atletas inscritos na casa do Concello de Sandiás, non aparecen na web CarreirasGalegas.com