martes, 21 de xaneiro de 2014

VI MEDIO MARATÓN CORUÑA21

O concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Francisco Mourelo e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, presentaron a sexta edición do Medio Maratón Coruña21, que se disputará o próximo 23 de febreiro co obxectivo de superar os 1.500 participantes. Esta proba albergará o XXIII Campionato de España de Medio Maratón Absoluto e Veterano desta distancia, que ademais será válido para configurar a selección española que participe no Mundial do 29 de marzo en Copenhague.

De novo A Coruña convértese na capital do atletismo e faio cunha proba de máxima calidade que incorpora algunhas novidades. Este ano, e co obxectivo de facilitar a tarefa dos atletas que pretendan dita marca mínima, realizouse unha modificación no percorrido habitual. Así, en lugar de 3 voltas a un circuíto de 7 Km, no que se producirían moitos doblajes, combinouse unha volta pequena de 7 Km -coincidente coa volta tradicional do Medio Maratón-, e unha volta grande de 14 Km -coincidente coa habitual de Coruña42. 

A carreira sairá ás 10.00 horas dos Xardíns de Méndez Núñez e haberá un tempo máximo de 2 horas e media para completar a distancia. O percorrido será o seguinte:

Volta pequena: Saída en Cantón Pequeno fronte a Banco Pastor. Cantón Grande (Obelisco). Avda da Mariña (ida, paso por Meta). Avda de Montoto (ida). Rotonda de Porta Real. Xiro de retorno. Avda. de Montoto (volta). Avda da Mariña (volta). Cantón Grande (Obelisco, volta). Cantón Pequeno (ida). Praza de Mina (ida). Sánchez Bregua (ida). Praza de Ourense (ida). Linares Rivas (ida). Primo de Rivera (ida). Praza da Palloza (ida). Avda. do Exército (ida, xiro en casa do Mar). Estrada do Porto (ida). Rotonda de San Diego (ida). Estrada do Porto (Ida). Rotonda de Oza. Xiro de retorno. Estrada do Porto (volta). Rotonda de San Diego (volta). Estrada do Porto (volta). Casa do Mar. Avda. do Exército (volta). Praza da Palloza (volta). Primo de Rivera (volta). Linares Rivas (volta). Praza de Ourense (volta). Sánchez Bregua (volta). Praza de Mina (volta). Cantón Pequeno (volta, paso pola Saída).

Volta grande: Cantón Grande (Obelisco, ida). Avda da Mariña (ida, paso por Meta). Avda de Montoto (ida). Rotonda de Porta Real. Xiro de retorno. Avda. de Montoto (volta). Avda da Mariña (volta). Cantón Grande (Obelisco, volta). Xiro a dereita a Rúa Nova. Rúa Alta. Rotonda de Juan Canalejo (ida). Avenida Barrié da Maza (ida). Praza María Auxiliadora (ida). Segue Avenida Barrié da Maza (ida). Rotonda de Curros Enríquez (ida). Paseo Marítimo-Matadero (ida). Casa do Home (ida). Segue Paseo Marítimo (ida). Rotonda de Casa dos Peixes. Xiro de retorno. Paseo Marítimo (volta). Casa do Home (volta). Segue Paseo Marítimo-Matadero (volta). Avenida Barrié da Maza (volta). Bos Aires (ida). Praza de Portugal (ida). Paseo de Rolda-Palacio Deportes (ida). Rotonda das Escravas (ida). Paseo Marítimo-Avenida San Roque de Fóra (ida). Rotonda de Labañou (Pai Rubinos). Xiro de retorno. Paseo Marítimo-Avenida San Roque de Fóra (volta). Rotonda das Escravas (volta). Manuel Murguía-Estadio Riazor (ida). Casa do Auga (xiro de 180º). Manuel Murguía-Estadio Riazor (volta). Paseo de Rolda-Palacio Deportes (volta). Praza de Portugal (volta). Bos Aires (volta). Avenida Barrié da Maza (volta). Modesta Goicouría. Praza de Pontevedra (cafetería Manhattan á esquerda). Juana de Veiga. Praza de Mina (ida). Sánchez Bregua (ida). Praza de Ourense (ida). Linares Rivas (ida). Primo de Rivera (ida). Praza da Palloza (ida). Avenida do Exército (ida). Casa do Mar (ida). Estrada do Porto (ida). Rotonda de Porto de San Diego (ida). Segue Estrada do Porto (ida). Rotonda de Porto de Oza. Xiro de retorno. Estrada do Porto (volta). Rotonda de Porto de San Diego (volta). Segue Estrada do Porto (volta). Casa do Mar (volta). Avenida do Exército (volta). Praza da Palloza (volta). Primo de Rivera (volta). LInares Rivas (volta). Praza de Ourense (volta). Sánchez Bregua (volta). Praza de Mina (volta). Cantón Pequeno (volta). Cantón Grande (Obelisco, volta). Avenida da Mariña (META).

Os interesados en participar na proba poden inscribirse na páxina online da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com que estará operativa ata o 18 de febreiro e pagar a inscripción que oscilará entre os 15 e os 18 euros, con desconto do 50% da cota que lles corresponda a desempleados e xubilados. 

Haberá premios en metálico para os primeiros clasificados (seis en cada categoría). Tamén haberá premios para os mellores galegos e os mellores coruñeses.