Novidades deste ano na VIII Edicion da Carreira Pinga Pinga e II ANDAINA non só estará a gravación por parte da televisión de Galicia TVG2 coa federación galega Federación Galega Atletismo, se non que tamén se poderá ver a proba en directo desde a zona de meta mediante unha pantalla xigante que estará conectada a un drone que gravará desde o aire a evolución de todas as probas. E todo iso baixo dunha carpa na cal podeis resgardarvos.
Doutra banda, e para todos aqueles que querais ir en familia (cos máis peques) e igualmente realizar a ANDAINA sen preocuparvos por eles, indicar que se dispoñerán de talleres de pintura e outras actividades para que eles poidan divertirse mentres vós conoceis esta preciosa zona de Santomé (Marín). Así como inchables para eles.
Haberá servizo de bar e unha pulpeira para os que queiran tomar algo mentres se celebran as diversas probas.
Inscribete
(Aquí) pois só quedan 2 días para o peche de inscricións.