domingo, 24 de xullo de 2016

VILAÑO ESTREA CON ÉXITO A SÚA CARREIRA POPULAR

Éxito de participación e ambiente na I Carreira Popular do Apóstolo, celebrada na parroquia larachesa.

Este sábado 23 de xullo celebrouse en Vilaño en horario de serán a I Carreira Popular do Apóstolo, que congregou a máis de 400 participantes en Vilaño (A Laracha), según datos da da Asociación Cultural Adro de Vilaño, organizadora do evento. 

Na categoría absoluta foi un dos favoritos, Cristian Muiño quen conseguíu a 1ª posición, seguido Nicolás Domínguez e Ángel Maceiras. Foi Raquel Vázquez, seguida de Noemí Moral e María Mareque quen se alzaron no podium absoluto feminino.

Pouco despois tomou saída a Andaina Saudable – Solidaria e que contou máis de 100 personas da liña de meta.

No tocante as categorías escolares, que contaron con 110 participantes que tomaron a saída, cabe destacar a categoría Pitufo, que contou con 50 nenos de entre 3 e 6 anos que percorreron un trazado de 100 metros, para risas e disfrute dos presentes.

Os participantes mostráronse moi agradecidos coa organización do evento tanto in situ como a posteriori a través das redes sociais e fotos de atletismo, remarcando o éxito xeral da proba. Cabe comentar que os organizadores mostraron un amplo abanico de facilidades a tódolos corredores, dende servicio de fisioterapia, hidratación e gardería ata uns pinchos finais moi completos.

A Asociación Cultural Adro de Vilaño sentese moi agradecidas a todos os patrocinadores que confiaron neste proxecto desde un inicio, así como a tódalas persoas que axudaron para que esto fose posible. Todo fai indicar que xa falta menos para a segunda edición deste evento.