A Organización considera un éxito o número de inscritos alcanzados, polo que esperan que sexa uha gran festa do deporte para todo o Concello.
Máis de 500 persoas participan este sábado pola tarde no gran evento deportivo que a Asociación Cultural Adro de Vilaño organiza en colaboración co Concello de A Laracha e que dará o punto de comezo as festas patronais.
Os dorsais, así como os chips e camisetas conmemorativas poderán retirar o propio sábado no centro sociocultural de Vilaño (ó lado da zona de meta) en horario de mañán (11:30 a 13:30) e pola tarde ata media hora antes do inicio das respectivas probas.
Entre os máximos favoritos dos 250 inscritos cos que contará a proba de adultos (19:00 h) figuran Nicolás Domínguez, Cristian Muiño e Ángel Maceiras. Por outro lado as categorías escolares, que darán comezo desde as 17:50 h contarán con 140 inscritos. Como punto final dará comezo a Andaina Saudable – Solidaria que contará con 124 inscritos.
Dispositivo de tráfico e seguridade
O Concello desplegará un dispositivo de 25 efectivos entre Policía Local e Protección Civil, repartidos nos distintos puntos do percorrido. Entre as 17:30 h e as 21:00 h produciranse cortes de tráfico polas zonas de acceso a Vilaño, recomendandose a non circulación por esta zona. A Organización tamén desplegará un dispositivo conformado por 35 persoas que velarán porque todo avance segundo a normalidade.
Destaca a presencia dunha zona de gardería con animadores para os máis pequenos, que poderán entrar de forma gratuita. Tamén para o remate da proba ofreceranse pinchos variados gratis a todos os participantes.
Xa podes consultar o número do teu dorsal
- Listaxe de dorsales de CARREIRAS (Aquí)
- Listaxe de dorsales de ANDAINA (Aquí)