domingo, 26 de agosto de 2018

VIMIANZO PREPÁRASE PARA ACOLLER OS 5KM EN RUTA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Fai tres anos, o Concello de Vimianzo acolleu o campionato galego de 10 quilómetros en ruta.

O próximo día 2 de setembro repetirá como sede, pero neste caso do de 5 quilómetros. «O Concello solicitou acoller esta proba, e a Federación concedeulla», explicou o técnico de Deportes, Víctor Santos, que este venres estivo na presentación da cita na casa consistorial xunto co alcalde, Manuel Antelo; a concelleira de Deportes, Marta Rei , e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. 


Fonte: www.lavozdegalicia.es