Dende o Clube As vellas non paramos, o Concello de Betanzos e a Federación Galega de Atletismo, queremos invitarvos a unha nova edición da Volta á Ría de Betanzos.
A proba con saída e chegada en Betanzos, discorrerá polo contorno da Ría de Betanzos, con saída praza do Concello, bordeando a marisma de Mariñan contorna natural espectacular e bordeando o Pazo de Mariñán, ademáis de visitar a praia do Pedrido onde haberá un avituallamento e cruzar así a emblemática ponte.
Para a segunda metade da proba visitaremos o Concello de Paderne por Chantada, para visita-las parroquias de Viñas e Souto, para ir chegando ós metros finais cruzando a Ponte vella e a Rúa das Monxas integrarse na zona vella de Betanzos e facer chegada na praza do Concello.
É esta volta á Ría unha media maratón diferente cun trazado continuista para cumprir a súa 12ª Edición.
Por iso queremos invitarvos a todos a disputala!!