Regresa a escena a Carreira Nocturna de Celanova, proba que organizada polo concello celanovés alcanzará o sábado a edición número 14. Como é habitual, haberá unha carreira para os máis novos, con saída ás 20,30 horas, mentres que a proba absoluta poñerase en marcha ás 22,30 horas.
O prazo de inscrición mantense aberto ata mañá ás 22,00 horas. A proba é gratuíta para os atletas da carreira de menores, mentres que o custo para participar na proba absoluta é de 5 euros (1 euro a maiores polo aluguer do chip). A inscrición pode formalizarse no pavillón de deportes de Celanova ou na
páxina web.
Haberá trofeo para os tres primeiros absolutos e os tres mellores da Mancomunidade de Celanova.