luns, 12 de maio de 2014

VOLVE O CORRESAN

A terceira edición do circuito de carreiras saudables CORRESAN arrancará no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela o sábado 24 de maio. o Circuito que será presentado o vindeiro venres no Centro Comercial Compostela (Hipercor-El Corte Inglés), principal patrocinador do circuito, abre as súas inscricións en carreirasgalegas.com, web oficial do mesmo onde se poderán con sultar as principais novidades da edición do ano 2014; entre elas destacan a inclusión de dúas novas probas, a que terá lugar na aldea de Angrois o 21 de xuño, e a que terá lugar no mes de setembro coa ansiada subida ao Monte Pedroso. 5 probas máis de novo a Carreira San Silvestre que será gratuita para aqueles que se inscriban na modalidade de circuito.

A concellería de deportes do Concello de Santiago mostrou novamente a súa ilusión por poder fomentar de novo entre os seus cidadáns as prácticas saudables nos entornos da cidade onde normalmente non poden practicar pedestrismo. 

O proxecto ve de novo a luz grazas a esta ilusión compartida polo Concello e a Federación Gallega de Atletismo, e a colaboración das principais entidades patrocinadoras: El Corte Inglés, Begano, La Voz de Galicia, Nova Galicia Banco, Gonzacar, ClínicaFisioRehab, Gadis e Multiusos Fontes do Sar e Complexo Deportivo de Santa Isabel.