O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo xunto ca Federación Galega de Atletismo esta proba, recorrendo toda a Praia de Razo desde a Explanada ata a Cabreira pola area mollada. Os Muditos continua coa promoción do atletismo en Carballo e arredores ante o auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do noso concello e levamos esta carreira a Praia de Razo pois no verán, Razo convírtese nun lugar de encontro, de ocio… d@s carballes@s e da multitude de persoas (turistas, emigrantes, extranxeiros,xente de arredores…)sendo un lugar privilexiado para a práctica deportiva e en particular para andar e correr.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.
- LUGAR DE SAÍDA: A Explanada na Praia de Razo.
- ENTREGA DE DORSAIS: A partir das 10:45 h abrirase Secretaría da proba para a retirada de dorsais, ata media hora antes do comezo de cada carreira.
- INSCRICIÓNS: As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é gratuita. Na categoría de maiores o límite de participantes é de 300 participantes. A data límite de inscrición é o mércores, 23 de agosto ás 23:59h.
Podes inscribirte na seguinte ligazón (aquí)
COLABORADORES E PATROCINADORES: Colaboran na proba: Concello de Carballo, Deputación da Coruña, Viraxes sl, Lotería Alexandra, Metal Cebey, Bema e Centro de formación rural Fonteboa.