martes, 10 de maio de 2016

XA HAI 300 ATLETAS PARA A CARREIRA POPULAR DE DUMBRÍA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A próxima cita do circuíto Correndo pola Costa da Morte será a Carreira Popular Concello de Dumbría, que terá o próximo día 28 do presente mes. Onte máis de 300 participantes confirmaran a súa presenza nesta cita, que tomará a vez da celebrada en Vimianzo e Camariñas, respectivamente.

As anotacións poderán realizarse ata as 24 horas do próximo día 25 na web. A cota para as categorías absoluta (sénior e veteranos) é de cinco euros, tanto para a distancia de 10 e 3 quilómetros. A recadación da carreira curta será destinada á Loita contra o Cancro. Nas categorías de base a inscrición é gratis (xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín e pitufos).

O circuíto deseñado para esta segunda edición da proba dumbriesa é mixto. Un oitenta por cento transcorre sobre asfalto e o vinte restante sobre terra.

Sen favoritos
De momento o circuíto preséntase moi disputado. O vencedor das dúas primeiras edicións, Cristian Muíño (Coristanco), non compite nesta ocasión, o que dá novas opcións. En Camariñas impúxose Martín Regueira (Laxe) e en Vimianzo, Ramón Serantes (A Coruña), na distancia 10K. Na competición feminina, por agora a gran dominadora é a mazarica Rocío Alvite, que logrou vencer con moita autoridade nas dúas citas nos 10K.

En Dumbría a loita volverá ser bonita, como está a ocorrer en cada unha das citas que levan disputadas.