domingo, 28 de febreiro de 2016

XA HAI MÁIS DE 230 ATLETAS INSCRITOS PARA A CARREIRA CONCELLO DE CAMARIÑAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A falta de dez días para pechar o prazo de inscrición para a Carreira Popular Concello de Camariñas, coa que se abrirá o terceiro circuíto Correndo pola Costa da Morte, xa hai confirmados máis de 230 atletas, polo que os organizadores esperan superar os 377 que competiron na pasada edición.

Os deportistas poderán formalizar a súa participación na páxina web. A cota para os participantes adultos é de 5 euros si xa posúen o chip e de seis euros para os demais. Pero tamén haberá outra forma de pagamento e é anotarse para todo o circuíto, polo que deberán abonar 25 euros si teñen o chip en propiedade ou 35 (25 anotacións e 10 para a compra do chip amarelo). Os demais atletas das diferentes categorías de base non terán que pagar, como en edicións anteriores. Os menores de idade han de presentar a autorización paterna.

Unha das novidades para a proba de 10 quilómetros é que a saída será no faro Vilán, con motivo do 120 aniversario da súa construción. Os atletas inscritos terán un autobús para desprazarse ata o cabo.