xoves, 23 de febreiro de 2017

XA PODES CONSULTAR O TEU NÚMERO DE DORSAL PARA O IX MEDIO MARATÓN C21

Xa podes consultar o número do teu dorsal.


ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:  As e os participantes poderán recoller os seus dorsais e chips, que serán de uso persoal e intransferible, os días 24 e 25 de febreiro no Departamento de Deportes de El Corte Inglés do centro Marineda City no seguinte horario:
  • Venres de 17.00 a 21.30 horas.
  • Sábado de 10.00 a 21.30 horas.
Como é habitual en todas as carreiras organizadas polo Concello, habilitarase un prazo excepcional para todas aquelas persoas que non poidan recoller o dorsal até o mesmo día da celebración. Así, poderán facelo entre as 08.00 e as 09.00 horas da mañá do domingo 26 (até unha hora antes da saída) no espazo preparado para este reparto no Cantón Grande.