domingo, 22 de decembro de 2013

XII CARREIRA PEDESTRE DO NADAL SAN CIBRAO DAS VIÑAS

O pasado 22 de decembro máis de 500 corredores participaron na XII Carreira Pedestre do Nadal de San Cibrao das Viñas.

Mentres media Españaa estaba atenta ao sorteo da loteria do Nadal, na localidade ourensá de San Cibrao das Viñas centos de atletas centrarían a súa atención en acadar un dos premios outorgados na Carreira de Nadal desta vila ourensana. 

A proba que transcurriu por un circuito urbánde 8,5 km foi dominada polo atleta do equipo Rungalicia.com Iván Docampo, que rexistrou un tempo de 26,19 minutos. Rubén Díz e José Manuel Fernández coparían o segundo e tercer posto respectivamente. Na clasificación feminina Leticia Fernández Barbosa impoñíase parando o crono en 31,03 minutos, escoltada no podium por Barca Toba e Sonia Teijeiro. 

Os pitufos e cativos tamén tiveron o seu protagonismo ca celebración de probas específicas adaptadas a súa idade. Ao remate da proba houbo sorteo de agasallos entre todos os atletas e chocolate para todos. 

O Concello de San Cibrao das Viñas a través do seu máximo representante súmase así ao compromiso da promoción da práctica deportiva asegurando a continuidade deste importante evento que comezou sendo un proxecto do atleta galego Javier Paredes.