domingo, 15 de decembro de 2013

XIII MEMORIAL ANDRES ABANQUEIRO- BOCATERíA PAPO´S DEPORTES ATHLETIC´S

O parque vigués de Castrelos foi esciario o pasado día 15 de decembro da disputa do XIII Memorial  Andrés Abanqueiro.  

Organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo cunha clara aposta do clube pola promoción e potenciación das categorías menores, este memorial estaba únicamente aberto a categorías de base que aglutinaban a corredores dende pitufos ata os cadetes. O cal propiciou gracias a organización un ambiente deportivo estupendo coa participación de arredor de 600 atletas chegados dende diferentes puntos de Galicia os cales foron arruopados baixo un día soleado de moito frío por voluntarios,  familiares e amigos. 

Foi una xornada atlética de gran éxito de participación gracias a  la implicación dos diferentes organizadores e colaboradores.