O Concello de Monterrei en colaboración coa Asociación Deportiva Limiactiva, organizou o pasado domindo día 2 de novembro a I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONTERREI.
Unha mañá estupenda para a práctica do running, na que a choiva non fixo acto de presencia ata que todo estivo recollido pola organización.
A primeira das carreiras foi a das categorías Infantil e Cadete, na que os gañadores foron Fiz Losada e Jasmín Fernández do Verín Atletismo en cadetes, e Pablo Nogueiras (A. D. Limiactiva) e Antía Castro (Verín Atletismo) en categoría infantil.
Ás 10:50 h, deuse a saída da carreira benxamín-alevín, cun percorrido de 1000 m, os primeiros clasificados benxamíns foron Javier Malingre (Ourense Atletismo) e Kiara Salgado (Verín Atletismo) mentres que os primeiros alevíns en cruzar a meta foron Anxo Losada (Verín Atletismo) e Gisela Dapía (Ourense Atletismo).
Xa ás 11:15 h, turno para a carreira absoluta, onde máis de 180 atletas tomaron a saída. A carreira foi controlada por Javier Paredes (Ourenrunnig-Coolsport), impoñendo un forte ritmo dende o primeiro quilómetro, sempre seguido de José Manuel Casado (Vía XVIII Maceda) e Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro).
O pódium absoluto feminino foi para Ana Belén Losada (Ourenrunning-Coolsport), Vicky Losada (Ourenrunning-Coolsport) e Patricia Álvarez (Atletismo Arenteiro).
En xeral, os comentarios dos atletas participantes, unha vez rematada a proba, foron satisfactorios, destacando sobre todo o percorrido totalmente chan e moi rápido.
Para rematar a xornada, o organización programou unha carreira de categoría prebenxamín e o outra de categoría pitufos.
Os campións prebenxamíns foron Erik Blanco e Sabela Rúa.
Na carreira de pitufos, todos os participantes levaron a súa medalla conmemorativa como premio o seu esforzo.
Os organizadores, Concello de Monterrei e A. D. Limiactiva valoran satisfactoriamente esta primeira edición, pois con mais de 300 inscricións recibidas e unha participación de mais de 260 atletas, esta proba de seguro terá a continuidade que se merece nos vindeiros anos.