domingo, 18 de maio de 2014

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA EDICIÓN DA I CARREIRA PONTECESO-PRG 148

O domingo dezaoito celebrouse na sua primeira edicion a carreira do concello de ponteceso, a pesar de ser o seu estreo a organización foi impecable. 

Na praza do Recheo a animación foi crecendo conforme ían desenvolvéndose as competicións. Comezouse coas categorías xuvenil-cadete, para continuar coa infantil e alevines e concluír coa benxamín, 

A proba raiña, a categoría absoluta, comezou con 16 graos e concluíu con 20. A dureza da proba constatárono a gran maioría dos participantes, que gustou moito o percorrido, posto que boa parte era a beiras do río Anllóns ao seu paso por Ponteceso en dirección á desembocadura.

Finalmente o podium masculino estivo formado por Cristian Muiño, Amador Pena e Luis Antelo. 

Tivemos que esperar o posto cincuenta para ver entrar a primeira muller, ela foi Purificación fernandez, segunda Eva POrtos e terceira Victoria Fernandez.