mércores, 26 de xullo de 2017

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA SEGUNDA CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO

Gran ambiente no evento organizado pola Asociación Cultural Adro de Vilaño, que finalmente contou con máis de 600 participantes que tomaron a saída.
Éxito rotundo, así define a Organización a proba celebrada este sábado 22 de xullo en Vilaño. Un evento que logo da primeira edición faise querer por toda a veciñanza e afeccionados ao atletismo, e que fixeron deste día unha auténtica festa do deporte.

Na categoría absoluta foi un dos favoritos, Michel Antelo quen conseguíu a 1ª posición, seguido Javier Tourís e Manuel Oliver. Foi Rocío Alvite, seguida de Laura Núñez e Noemí Moral quen se alzaron no podium absoluto feminino.

Miguel Bardanca, único participante da categoría Handbike, levantaría os aplausos de todo o público na súa entrada en meta, logo do esforzo tremendo para completar os 10 Km do circuito absoluto.
Pouco despois tomou a saída a Andaina Saudable e Solidaria, que enchiu o percorrido de cor rosa (cor das camisetas conmemorativas) e que doblou en número de participantes respecto da primeira edición. Cabe resaltar que gracias a isto, a Asociación Adro de Vilaño entregará un cheque por vsalor de 600 € a Cáritas de A Laracha.

No tocante as categorías escolares, que contaron con preto de 200 corredores que tomaron a saída, cabe destacar a categoría Pitufo, que contou con 80 nenos de entre 3 e 6 anos que percorreron un trazado de 100 metros, para risas e disfrute dos presentes.

Os participantes mostráronse moi agradecidos coa organización do evento tanto in situ como a posteriori a través das redes sociais e fotos de atletismo, remarcando o éxito xeral da proba. Cabe comentar que os organizadores mostraron un amplo abanico de facilidades a tódolos corredores, dende servicio de fisioterapia, hidratación, piscina con xeo para relaxación muscular, gardería con monitores e uns pinchos finais moi completos.

A Asociación Cultural Adro de Vilaño sentese moi agradecidas a todos os patrocinadores, así como a tódalas persoas que axudaron para que esto fose posible, Policía local, Protección Civil e membros que compuxeron a Organización.