O
concello de Pontecesures organizou o sábado 28 de decembro a XIV edición da súa
tradicional carreira popular de Nadal. Nun esforzo municipal por darlle á proba un salto de calidade, a carreira
absoluta contou cun sistema de chips para o seu cronometraxe. A saida e
chegada estivo situada na Praza do Coche
de Pedra.
As probas comenzaron ás 16.30 horas pola carreira prebenxamín; a
continuación sucederonse as probas das categorías benxamín, alevín e
infantil/cadete. A media tarde tivo lugar a proba absoluta sobre unha distancia de 4 kms nun fermoso
circuito polas rúas da Vila de Pontecesures.
Resolvendose ao esprin ambas
carreiras, finalmente seria Victor Gonzalez o gañador co mesmo tempo que Javier
Veiga segundo clasificado. Na categoría feminina a vencedora foi Carmen Vagace,
que cruzou a meta a tan so unhas centésimas antes que a xuvenil Carla Castaño.