A XIV edición do Memorial Andres Abanqueiro, volveu a demostrar que hai futuro.
Asi testemúñano os 440 atletas procedentes de todos os clubs e moitos dos colexios do área de Vigo que se achegaron a Castrelos. O tempo acompañou e a xornada converteuse nunha festa, na que participaron dende pitufos (2010-11) a cadetes (2000-01).
O trazado do circuíto discorreu como é habitual polo Parque de Castrelos e combináronse marcas interesantes con outras máis discretas, coa ilusión como denominador común.
Fotos: Flor Currás