mércores, 3 de xuño de 2015

XV MEMORIAL MANUEL BARROS: GONDOMAR, 05 DE XULLO DE 2015

Como todos os anos por estas datas, a Sociedade atlética Val Miñor en colaboración co Concello de Gondomar a través da Concejalía de Deportes, organizan a xa tradicional proba de atletismo en ruta Memorial Manuel Barros que este ano celebra o súa XV edición.

Esperamos contar con todos aqueles amantes do atletismo en ruta nesta atractiva carreira e que cada ano congrega a máis atletas de todas as categorías, consolidándose como unha clásica dentro do calendario popular.

As inscripcións pódelas realizar, para as categorías dende xuvenil ata veteranos, a través da web da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com)  cun custo de 6 euros. Para as categorías desde Pitufos a Cadete, accedendo a mesma web, sendo gratuita a participación para estas últimas.

¡Non faltedes. Esperámosvos!

Organiza: Sociedade Atlética Val Miñor e Concello de Gondomar – Concellaría de Deportes.
Patrocinan: Grupo Miñor e Concello de Gondomar.
Colaboran: Rosquillas Cristaleiro, Auga Sa, Corporación Alimentaria Peñasanta S.A., Froiz, Diputación de Pontevedra, Fundación Deporte Galego, Secretaría Xeral para o Deporte, Federación Galega de Atletismo, A Caixa, Serviocio Val Miñor e DALOT Distribuciones.