Ao longo de toda a xeografía de Galicia organízanse carreiras populares, pero a de Carnota non e unha máis, é única. O marco natural incomparable que ofrecen os 7 km de areal da praia de Carnota (a máis extensa de Galicia) permite gozar dun conxunto de vistas, flora e fauna que non atoparás en ningún outro lugar.
A perfecta organización, a simpatía das rapazas, os trofeos do ceramista local Nacho Porto e os míticos roscóns de despois da carreira fana, se cabe, máis espectacular.
A praia de Carnota, por onde discorre a carreira, ten forma de media lúa e é un espazo natural de incalculable beleza e de grande interese ambiental. Tras un intenso areal de7 km, un conxunto único de dunas e de marismas, cunha lagoa interior no corazón da praia e a desembocadura do río Vadebois, ofrece un marabilloso espectáculo na coñecida Boca do Río.
Poucos lugares poden sentirse máis orgullosos de ter unha praia de tan extraordinaria beleza coma a de Carnota.
Así de baixa estará a marea para a XXIV Carreira das Areas Concello de Carnota. Igual que a pasada fin de semana, o sábado 29 de agosto coincide coa lúa chea.
Non esperes máis e anótate xa!