martes, 11 de marzo de 2014

XXIV EDICIÓN DA CARREIRA DE SAN XOSÉ

Este sábado, día 15 de Marzo, celébrase en As Pontes en xornada de tarde a XXIV edición da Carreira de San Xosé, que ten no seu palmarés importantes atletas como Lolo Penas, Pedro Nimo, Jesús de la Fuente, Rocío Rodríguez, María Jesús Gestido, Paula Mayobre. 


Contará con premios económicos para os tres primeiros clasificados masculino e feminino:
  • 1° 200€
  • 2° 125 € 
  • 3º   75€
Ademáis de numerosos agasallos para os participantes ( Roupa deportiva, vales para comprar material deportivo, estudios informatizados da pisada, todo doado polo comercios ponteses, Opticalia Callao, Galiorient, Lecar 712, Clinica Podoloxica Talos). 

Sen dúbida disfrutarase dunha excepcional xornada atlética con saída da Carballeira de Santa Rita, "parque de A Fraga".



FOTOGRAFÍA: a Presidenta Susana Castro, Miguel Vilaboy e Tania Bellas.