O pasado día 1 de decembro o Concello de Fene daba acollida a edición número 38 do Memorial Adolfo Ros-Volta a Ría.
Esta proba que conxuntamente organizan os concellos de Fene, Neda e Naron e Ferrol ven a lembrar cada ano a memoria de Adolfo Ros o cal fai 28 anos morrería intentando salvar do mar a vida dun grupo de rapaces.
A esta carreira como é costume acudiron un gran número de atletas dispostos a completar un total 21.100 metros animados polo bo tempo que fixo. O primeiro atleta masculino sería Santiago López do Atletismo Porriño que xa vencera a edicion do ano pasado e que desta vez invertiría un rexistro de 1.10.01.
No tocante a categoría feminina, primeira posición para María Rosario Figueroa gañadora da Carreira das marisqueiras neste ano, cun rexistro de 1.28.39. En resumo moi boa edición a presenciada en Fene.