martes, 11 de decembro de 2018
O Nadal empeza a sentirse en San Cibrao. É grazas ao deporte, en concreto ao atletismo, e é que chega a Carreira Pedestre de Nadal. O domingo dispútase a decimoséptima edición, unha proba que ademais serve para poñer en xogo o Campionato Provincial de 10 quilómetros en ruta.