sábado, 21 de abril de 2018

MÁIS DE 600 INSCRITOS NA CARREIRA BATALLA DE CACHEIRAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Carreira Pedestre A Batalla de Cacheiras dispútase esta tarde con máis de seiscentos inscritos sumadas todas as categorías. A proba na que competirán os atletas sub 20, sub 23, sénior e máster ten prevista a saída para as 17.30 horas. 

venres, 20 de abril de 2018

ACOMARCA EMPÁPASE DE ATLETISMO (Fonte: www.lavozdegalicia.es) comarca empápase de atletismo

Atletismo en estado puro. Non hai concello que se prece que non acolla unha proba pedestre, unha carreira solidaria ou un circuíto comarcal.

venres, 20 de abril de 2018

Á CARREIRA POLAS RÚAS DE SANTIAGO CON FINS SOLIDARIOS (Fonte: www.elcorreogallego.es)

A IV Carreira Universitaria Solidaria reuniu no día de onte ao redor de 380 atletas polas rúas de Santiago, nunha cita de marcado carácter social, organizada por Campus  na Nube, concesionaria do servizo de  reprografía, edición e impresión dixital da  Universidade de Santiago de Compostela, e  Run-4 Med, asociación integrada por alumnos do sexto curso de Medicina.

mércores, 18 de abril de 2018

ARRINCA O VI CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

No día de hoxe a Federación Galega de Atletismo asinaría ca Deputación Provincial de A Coruña, o convenio de organización para o desenvolvemento do VI Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña que dende o ano 2013 se ven desenvolvendo de maneira inenterrompida.

luns, 16 de abril de 2018

UN NACIONAL DE MILLA MÁIS GALEGO QUE NUNCA

De novo o Campionato de España de Milla en ruta contaría este ano con acento galego e por partida dobre. Sería na décima edición desenvolta na localidade Breña Baja de La Palma o día de onte.

luns, 16 de abril de 2018

TEIJEIRO E SERANTES, CAMPIÓNS GALEGOS DE MARATÓN

De novo as rúas do Concello da Coruña enchéronse de atletas para disfrutar dun día de ruta na que preto de 2.500 atletas tomarían parte na VII Maratón Atlántica. 

luns, 16 de abril de 2018

MANUEL CAÑAR E MÓNICA GRANERO GAÑAN O MARATÓN CORUÑA 42 (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Manuel Cañar e Mónica Granero foron os heroes dos 42.195 metros coruñeses cun tempo de 2.22.00 e 2.59.29. Superaron na clasificación a Anxo Chasi (cun tempo de 2.25.03) e a Sonia Teijeiro (3.00.18).

sábado, 14 de abril de 2018

GALICIA ENTRÉGASE Á DISTANCIA MÁIS MÍTICA DO ATLETISMO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Galicia entregarase aos 42.195 metros coa sétima edición do maratón Coruña42, que tomará a saída ás oito e media da mañá de mañá desde o Obelisco herculino para completar un trazado que terá a súa meta na praza de María Pita. 

sábado, 14 de abril de 2018

VIMIANZO VAI CAMIÑO DE MARCA DE INSCRITOS NA CARREIRA PEDESTRE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Camariñas bateu todos os rexistros e Vimianzo vai polo mesmo camiño. Esta quinta edición do Circuíto Correndo pola Costa da Morte comezou con moi bo pé.

sábado, 14 de abril de 2018

VOLUNTARIOS: PROTAGONISTAS INVISIBLES DE CORUÑA 42 (Fonte: www.www.laopinioncoruna.es)

O domingo celebrarase o Maratón Atlántico Coruña42, pero o evento comezou a pasada semana para os protagonistas invisibles, os voluntarios.