sábado, 17 de febreiro de 2018

O CONCELLO DESPREGARÁ ESTE DOMINGO UN DISPOSITIVO ESPECIAL DE TRÁFICO PARA C21 (Fonte:www.coruna.gal)

O vindeiro domingo, 18 de febreiro, terá lugar a celebración do Medio Maratón Coruña21, proba que chega a súa décima edición, e que contará coa participación de máis de 1.800 atletas. 

xoves, 15 de febreiro de 2018

A DÉCIMA EDICIÓN DA CORUÑA 21 OFRECERÁ UNHA SERIE DE SERVIZOS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES (Fonte: www.coruna.gal)

A décima edición de Coruña21 ofrecerá unha serie de servizos a todas e todos os participantes para garantir a máxima satisfacción das persoas corredoras antes, durante e despois da competición.

domingo, 11 de febreiro de 2018

ORBALLO, MAR, PIÑEIRALES E MOITO CAMPO A TRAVÉS NO MÁSTER DE CABANAS

Un importante número de atletas daríase cita no piñeiral da Madalena de Cabanas onde o pasado sábado, baixo un persistente orballo, disputaríase a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster.

sábado, 10 de febreiro de 2018

O MEDIO MARATÓN, TAMÉN NO FACEBOOK, TWITTER E INSTAGRAM (Fonte: www.coruna.gal)

As persoas usuarias destas redes sociais atoparán nas contas oficiais do medio maratón coruñés toda a información referente á proba que se realizará o próximo 18 de febreiro, e serán un dos nexos de comunicación directa coa organización do evento.

venres, 9 de febreiro de 2018

250 ASPIRANTES NO AUTONÓMICO MÁSTER DE CAMPO A TRAVÉS

O contorno do piñeiral da Madalena de Cabanas é o escenario escollido para albergar a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster que poderemos presenciar este sábado a partir das 16:10 horas.

xoves, 8 de febreiro de 2018

PISTOLETAZO DE SAÍDA Á QUINTA EDICIÓN DO CIRCUÍTO DE ATLETIMSO MÁIS EXITOSO DA COSTA DA MORTE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Javier Tourís, Teresa Castro, Josecho e Boni González, Míchel Antelo, Rocío Alvite, Inés e Noelia Pampín, Montse Solís, Amador Pena, Manuel Oliver, José Señarís, Paula Trillo, Miguel Regueira... Todos eles e outros moitos, xa van quentando pernas para unha nova edición do circuíto

xoves, 8 de febreiro de 2018

PEDRO NIMO, MOHAMED BOUCETA E AICHA BANI, ENTRE OS PARTICIPANTES (Fonte: www.elidealgallego.com)

As rúas da cidade herculina acollerán, o domingo 18, a décima edición do media maratón Coruña21. Unha competición de carácter popular pero na que tamén participarán fondistas de renome.

mércores, 7 de febreiro de 2018

JOSÉ MANUEL SANDE PRESENTA A DÉCIMA EDICIÓN DO MEDIO MARATÓN CORUÑA 21 (Fonte: www.coruna.gal)

As rúas da Coruña acollerán, o vindeiro 18 de febreiro, a décima edición do medio maratón Coruña21, a primeira das grandes probas de atletismo promovidas polo Concello da tempada.

luns, 5 de febreiro de 2018

ADAS-PROINOR, LETI FERNÁNDEZ E MANUEL HURTADO, PROTAGONISTAS EN RIBADAVIA

Como xa viñera acontecendo nas dúas últimas tempadas, a Área Recreativa de “A Veronza” no Concello de Ribadavia foi o escenario no día de hoxe da celebración do LXXXIII Campionato de Galicia de Campo a Través.

martes, 30 de xaneiro de 2018

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA PARTICIPANTES NA CARBALLO TRAIL RACE 2018. (Fonte: Concello de Carballo)

Comunicamos ós participantes na Carballo Trail Race 2018 aspectos importantes en canto ás normas a seguir durante a proba e outros servizos inherentes á mesma.