mércores, 28 de febreiro de 2018

O VII MARATÓN CORUÑA42, QUE SE CELEBRARÁ O 5 DE ABRIL, "EXEMPLIFICA O VÍNCULO DA PRÁCTICA DEPORTIVA CO ESPAZO PÚBLICO NUNHA CARREIRA ÚNICA, Á BEIRA DO MAR" (Fonte: www.coruna.gal)

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá no Pazo de María Pita a nova edición do Maratón Atlántica Coruña42, que se celebrará o vindeiro 15 de abril nas rúas da cidade.


martes, 27 de febreiro de 2018

ASINADO CO HOSPITAL POLUSA S.A. UN IMPORTANTE CONVENIO DE COLABORACIÓN

Potenciar a práctica segura do atletismo, tanto a nivel local como en competicións oficiais en todo o estado español, sen esquecer o deporte base, e concienciar sobre a importancia dos recoñecementos médicos cardiovasculares para os atletas son dous dos principais obxectivos do convenio asinado onte entre a FGA e o Hospital Polusa. 


luns, 26 de febreiro de 2018

ADAS-PROINOR, EL NABAOUI E RIVERA PROTAGONISTAS NO NACIONAL DE CAMPO A TRAVÉS

Foron moitos os equipos que esta fin de semana se deron cita en Gijón para tomar parte no Campionato de España de Clubs de Campo a Través que precede a esa gran cita correspondente ó nacional que se desenvolverá o vindeiro día 11 de marzo en Mérida.

xoves, 22 de febreiro de 2018

ÚLTIMO DÍA PARA A INSCRICIÓN NA PROBA DE AMES DO CIRCUÍTO TRAIL GALAICA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Ás 23.59 horas deste xoves finaliza o prazo para inscribirse na primeira das seis probas do circuíto Trail Galaica, que se disputará este domingo en Ames. 

xoves, 22 de febreiro de 2018

20 CLUBS GALEGOS ACUDEN Ó NACIONAL DE CAMPO A TRAVÉS

Esta fin de semana Gijón acollerá a disputa da edición número 53 correspondente ó Campionato de España de Campo a Través por clubs na que tomarán parte un total de 519 equipos participantes de 231 clubs distintos.

martes, 20 de febreiro de 2018

GALA CIRCUITO CORRESAN 2017

Todo preparado para a Gala do VI Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2017. 

luns, 19 de febreiro de 2018

A TRADICIÓN DE SAN MIGUEL DE OIA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O cros de San Miguel de Oia cumpriu coa tradición e celebrou a súa edición número 41 na mañá de onte cunha notable participación no cadro masculino e con vitoria final para Manuel Hurtado, o flamante campión galego da disciplina.

luns, 19 de febreiro de 2018

ABDELAHI E BANI VENCEN POR UNHA ESCASA MARXE (Fonte: www.elidealgallego.com)

Nunha distancia como 21 quilómetros é normal que as diferenzas entre os primeiros clasificados sexan amplas. Os gañadores van aos poucos impoñendo o seu ritmo e a maioría das veces os últimos metros son plácidos, e poden saborear a vitoria antes de cruzar a meta.

luns, 19 de febreiro de 2018

ABDELAHI RAZYN E AICHA BANI IMPÓÑENSE NA POPULAR CORUÑA21 (fonte: www.lavozdegalicia.es)

Abdelahi  Razyn e Aicha  Bani cun tempo de 1:04.30 e 1:16.40 foron os máis rápidos na Coruña21, o media maratón coruñesa. Os atletas fixeron fronte a un trazado rápido e atractivo por zonas emblemáticas da cidade.

domingo, 18 de febreiro de 2018

ANIMADA ANDAINA E CARREIRA POPULAR “MÓVETE CO CORAZÓN”, NO BARCO (Fonte: www.osil.info)

Moi animada e concurrida estivo a mañá do 18 de febreiro no Barco de Valdeorras coa celebración dunha nova edición da proba atlética incluída na campaña de namorados do Barco Centro Comercial Aberto.