xoves, 15 de marzo de 2018

A INTERRUNING RETRANSMITIRASE EN DIRECTO CON RÉCORD DE PARTICIPANTES (Fonte: www.farodevigo.es)

Máis de 2.500 atletas participarán o vindeiro domingo na duodécima edición da  Interrunning  Concello de Porriño. Un novo récord que xunto á transmisión en directo da mesma por  streaming conforman as principais novidades desta proba homologada pola Federación Española de Atletismo. 

xoves, 15 de marzo de 2018

A CORUÑA, UNHA CIDADE "SEMPRE ABERTA" QUE TES QUE VISITAR (Fonte: www.coruna.gal)

Se vés participar no Maratón Atlántica C42 ou na carreira popular 10K e é a túa primeira vez na Coruña, debes ter en conta algunhas cousas.

xoves, 15 de marzo de 2018

A CARREIRA POPULAR NOCTURNA TORRE DE HÉRCULES DISPUTASE O SÁBADO 31 DE MARZO. ÚLTIMAS DATAS PARA A INSCRICIÓN! (Fonte: www.coruna.gal)

O prazo de inscrición para esta proba popular remata o luns 26 de marzo.

luns, 12 de marzo de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA A IV EDICIÓN DA CARREIRA NOCTURNA SATYAGO10KM (Fonte: www.santiagodecompostela.gal)

Este martes abriuse a inscrición para participar na cuarta edición da carreira nocturna SantYaGo10K, que se celebrará o sábado 28 de abril ás 22:00 horas.

luns, 12 de marzo de 2018

ADRIÁN BEN REINA NO BARRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Despois de tres anos levándose a prata, Adrián Ben proclamouse campión de España de cros en categoría sub-23.

venres, 9 de marzo de 2018

ÚLTIMA HORA: COMUNICADO DA VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS

Á vista das previsións meteorolóxicas, publicadas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, nas que se establece un nivel de alerta laranxa para a zona Oeste da Coruña, con ventos que superan os 110 km/hm, e en base ao establecido no regulamento da proba no seu punto 5.5, a organización da carreira decide APRAZAR a proba.


venres, 9 de marzo de 2018

AVISO IMPORTANTE: APRAZADA A 2ª EDICIÓN DA CARREIRA WE ARE READY UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Debido ás inclemencias meteorolóxicas avanzadas pola axencia estatal de meteoroloxía, a organización da carreira vese obrigada a aprazar a proba que tería lugar o vindeiro domingo, co fin de garantir a seguridade de todos os participantes.

xoves, 8 de marzo de 2018

EVA ARIAS INVOLUCRA A VALDEORRAS NUNHA CARREIRA A FAVOR DOS DEREITOS DA MULLER (Fonte: www.osil.info)

Con multitude de cintas de cor violeta nas mans e precedida por atletas de todas as idades, dende nenos ata maiores, Eva Arias entraba sorrindo na praza do Concello do Barco na tarde do 8 de marzo. 

mércores, 7 de marzo de 2018

«NO DEPORTE HABEMOS IR SEMPRE POR DETRÁS» (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A xornada do 8 de marzo será o resultado de decenas ou centos de accións particulares coas que se pretende pór un gran de area en favor dos dereitos das mulleres. A de Eva Arias será unha delas. A atleta, de Vilamartín de Valdeorras, correrá entre as localidades de Petín e O Barco.

mércores, 7 de marzo de 2018

A CARREIRA WE ARE READY CRECE NA SÚA SEGUNDA EDICIÓN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A segunda edición da Carreira Popular  We  Are  Ready, organizada pola  Universidade coa colaboración do Corte Inglés, espera chegar aos 500 participantes.