venres, 16 de marzo de 2018
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este venres a I Milla Urbana "Portas de Compostela", que se celebrará en Santiago o vindeiro 8 de abril. Na rolda tamén estiveron o presidente da FGA, Isidoro Hornillos; o delegado desta Federación en Santiago, Iván Sanmartín; e o presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso López Menduiña.