luns, 12 de setembro de 2016
Víctor Riobó e Solange Pereira son as dúas grandes bazas galegas para o Campionato de España da Milla en Ruta, que se disputará en Marín o próximo 24 de setembro. Así o demostraron onte no Malecón do Barco, onde a Milla Urbana Festas do Cristo cumpriu trinta anos, reivindicándose como unha das clásicas do panorama autonómico, por non dicir nacional.