martes, 31 de maio de 2016
O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a V Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 5 de xuño, e que chega á súa quinta edición. A proba forma parte do IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.