luns, 24 de agosto de 2015

A NOVENA EDICIÓN DA CARREIRA CORUÑA10 ABRE O SEU PRAZO DE INSCRICIÓN. (Fonte: www.coruna.es)

A proba popular por excelencia do trazado coruñés, integrada no III Circuito Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña,  abre o seu prazo de inscrición. O vindeiro 11 de outubro terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis célebre das carreiras da cidade.

mércores, 19 de agosto de 2015

CLASIFICACIÓN DO IV CIRCUITO CORRESAN

Xa podes ver a clasificación do IV Circuito CorreSan, despois das probas celebreadas na Cidade Vella Nocturana de Santiago de Compostela e a Carreira Ruta da Prata - Angrois.

luns, 17 de agosto de 2015

GRAN NIVEL DE PARTICIPACIÓN ENTRE OS 296 ATLETAS QUE IRÁN Á CARREIRA DAS AREAS. (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Míchel Antelo (Vimianzo), líder do circuíto; Cristian Muíño (Coristanco), actual vencedor do certame; César Vázquez (Zas), Andrés Eirís e Javier Seoane (Carballo), Amador Pena e Manuel Nodar (Santiago) ou Alberto Carou (Noia), son algúns dos 296 inscritos para disputar a Carreira dás Areas, en Carnota, o próximo día 29. 

luns, 17 de agosto de 2015

ADRIÁN BEN Y SARA PÉREZ CONQUISTAN PRAIA AMÉRICA (Fonte: www.farodevigo.es)

Relevo generacional en Praia América. Un atleta en edad juvenil y otro junior se disputaron la victoria en la recta final de la Nigrán Arena, cuya quinta edición se disputó ayer.

luns, 17 de agosto de 2015

O BARQUENSE IVÁN FERNÁNDEZ, GAÑADOR ABSOLUTO DA I CARREIRA DA VEIGA (Fonte: www.osil.info)

Cun notable éxito de participación botaba a andar na mañá do 16 de agosto a I Carreira e Andaina da Veiga. Máis de 150 persoas se inscribían nesta cita que se poñía en marcha pasadas as once da mañá cando o alcalde veigués, Juan Anta, daba a saída ás 80 persoas da andaina. Unha hora despois tomaban a saída os atletas. Ambos afrontaban un traxecto similar duns 8 km de distancia.

venres, 14 de agosto de 2015

CAMBIO DE DATA DA IX CARREIRA POPULAR CORUÑA 10 E V CARREIRA DA AUGA. UNICEF SADA.

Nota informativa: Por motivos organizativos e ante a imposibilidade de desenvolver a IX Carreira Popular Coruña10 o vindeiro 4 de octubre, o Concello da Coruña e a FGA confirman o cambio de data para o 11 de octubre polo que o calendario quedará da seguinte formA

martes, 11 de agosto de 2015

PRESÉNTASE A I CARREIRA E ANDAINA POPULAR DA VEIGA (Fonte: www.osil.info)

Dende a Casa Consistorial da Veiga partirá I Carreira e Andaina Popular, que se celebrará neste municipio o vindeiro 16 de agosto e cuxo percorrido será de 8 km. 

martes, 11 de agosto de 2015

ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRSE EN LA V EDICIÓN DE LA CARRERA NIGRÁN AREA (Fonte: telemarinas.com)

El Concello de Nigrán y la Sociedad Atlética Val Miñor, organizan el día 16 de agosto el "V Nigrán Area" de atletismo por la playa, que dará comienzo las 10:30 horas.

venres, 7 de agosto de 2015

ÚLTIMA HORA DA I CORRETROITA CONCELLO DE SOBRADO DOS MONXES

Amplíase o prazo de inscrición para os máis rezagados da I Corretroita Concello de Sobrado dos Monxes ata ás 23:59 do venres 7 de agosto.