martes, 21 de xullo de 2015

CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍAS DO III CIRCUITO CORUÑA CORRE (Fonte: www.coruna.es)

A semana pasada comezabamos co repaso das clasificacións dos máis novos nas diferentes categorías do circuíto Coruña Corre. É a quenda agora de Cadete, Xuvenil, Junior, Promesa, Discapacidade e Equipos Mixtos.

luns, 20 de xullo de 2015

ADRIÁN BEN BRILLA NA GALAXIA DO ATLETISMO MUNDIAL (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Adrián Ben xa é un máis no Olimpo do atletismo xuvenil. O seu nome aparece xunto ao das futuras estrelas mundiais do medio fondo despois do resultado e o carrerón que se marcou onte á noite na final dos 2.000 metros obstáculos do Mundial de Cali (Colombia). 

domingo, 19 de xullo de 2015

A DERRADEIRA CARREIRA DO III CIRCUITO CORUÑA CORRE ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN. (Fonte: www.coruna.es)

A derradeira carreira do Circuíto Coruña Corre da tempada ten data e,agora, tamén prazo de inscrición: desde hoxe e até o 5 de agosto, poderás inscribirte na IV Volta a Oza. 

domingo, 19 de xullo de 2015

CARMELA CARDAMA BRONCE NO EUROPEO JUNIOR

Carmela Cardama medalla de bronce no Campionato de Europa Junior en 5000 metros con 16.23.81 proba que se celebra na cidade sueca de Eskilstuna

domingo, 19 de xullo de 2015

ADRIÁN BEN, TARIKU NOVALES E MIGUEL GONZÁLEZ NAS FINAIS DO CAMPIONATO DO MUNDO XUVENIL

Nas finais do Campionato do Mundo Xuvenil que se disputou na cidade colombiana de Cali, tres das nosas mellores promesas no fondo galego Miguel González, Tariku Novales e Adrián Ben lograron unha actuación destacada despois de clasificarse para a final de 3000 metros e 2000 obstáculos. 

mércores, 15 de xullo de 2015

ABDELAZIZ FATHI E SOFÍA FERNÁNDEZ GAÑAN A III CARREIRA POPULAR DO VENTORRILLO (Fonte: www.coruna.es)

A quinta proba do Circuíto Coruña Corre celebrouse o pasado domingo, día 12. Sofía Fernández despuntou como gañadora na categoría absoluta feminina e Abdelaziz Fathi na masculina.

domingo, 12 de xullo de 2015

UXÍO ABUÍN GAÑA O CORRESAN NOCTURNO CON 17MINUTOS E 30 SEGUNDOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Uxío Abuín, triatleta de Lestrove (Dodro), e Raquel Suárez Pedrosa, deportistas compostelá, foron os vencedores no CorreSan nocturno, no que participaron 1.200 persoas. 

sábado, 11 de xullo de 2015

HABERÁ 1.200 ATLETAS NA LIÑA DE SAÍDA DO CORRESAN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

As carreiras saudables do CorreSan estrearanse nesta edición coa proba nocturna, que esta vez terá saída e chegada na praza do Obradoiro. Nesta cita non faltarán os dous atletas que gañaron o pasado ano, aínda que  Pedro Nimo e Raquel Suárez Pedrosa partirán con distintos obxectivos.

venres, 10 de xullo de 2015

A III CARREIRA DO VENTORRILLO CELEBRARASE ESTE DOMINGO CON MÁIS DE 2600 PARTICIPANTES (Fonte: www.coruna.es)

Este domingo, 12 de xullo, celebrarase a III Carreira Popular Ventorrillo. É a quinta proba do Circuíto Municipal Coruña Corre, composta na súa totalidade por seis probas. En total, hai 2.325 persoas inscritas no circuito

xoves, 9 de xullo de 2015

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN CORRESAN

O primeiro prazo de inscrición no IV Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, circuito CorreSan ampliase ata mañá xoves ás 23:59 horas. Compre recordar tamén os seguintes avisos respecto a recollido de camisetas e dorsais.