venres, 15 de marzo de 2019

A QUINTA EDICIÓN DA CARREIRA NOCTURNA SantYaGo PERCORRERÁ O CENTRO HISTÓRICO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A quinta edición da carreira nocturna SantYaGo10K celebrarase o sábado 4 de maio na capital galega. A saída terá lugar ás 22.00 horas, partindo desde a rúa de San Francisco, e concluirá na praza do Obradoiro.

xoves, 14 de marzo de 2019

ÚLTIMOS DÍAS PARA A INSCRICIÓN NO CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CORUÑA CORRE (Fonte: www.coruna.gal)

Mantense aberto, ata o 18 de marzo, o prazo de inscrición para participar na Carreira Popular Torre de Hércules, que incorpora o carácter reivindicativo e solidario á proba de Coruña Corre.

xoves, 7 de marzo de 2019

DE VILAGARCÍA A ANGOLA VAISE Á CARREIRA (Fonte: www.farodevigo.es)

O próximo 24 de marzo Vilagarcía converterase en capital da solidariedade. A quinta edición da Carreira  Ladesol "corro por Angola" convértese no escenario perfecto para demostrar  empatía cos máis necesitados. 

xoves, 21 de febreiro de 2019

O CROS DE ANTIOQUÍA DETERMINARÁ OS TÍTULOS PROVINCIAIS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Unha espectacular proba no Hipódromo de Antela, decirá o próximo dominog os títulos provinciais de campo a través, no marco do Cros de Antioquía, incluído no calendario oficial dá Federación Galega de Atletismo.

domingo, 17 de febreiro de 2019

OS ETÍOPES HAIMANOT MULUNEH E ALEMADIS EYAYU IMPÓÑENESE NO MEDIO MARATÓN CORUÑÉS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Ameazaba choiva. Aguantou. Pero ninguén predixo os lóstregos. E non eran  Bolt.  Haimanot  Muluneh e  Alemaddis  Sisay chamábanse. Novos fondistas etíopes que impuxeron un ritmo tan alto que desde a mesma saída quedaron sós na súa carreira. 

xoves, 14 de febreiro de 2019

O CONCELLO DESPREGARÁ ESTE DOMINGO UN DISPOSITIVO ESPECIAL DE TRÁFICO NA C21 (Fonte: www.coruna.gal)

O vindeiro domingo 17 de febreiro celebrarase a XI edición do Medio Maratón Coruña21, que reunirá a 2.105 atletas nas rúas da cidade.

xoves, 14 de febreiro de 2019

CORUÑA 21, UN AMPLO ABANO DE SERVIZOS PARA OS SEUS E AS SÚAS ATLETAS (Fonte: www.coruna.gal)

Coruña21 celebra este domingo día 17 a súa undécima edición. A competición, do mesmo xeito que en edicións anteriores, contará cun circuíto homologado. O medio maratón proponse, ademais brindarlles ás súas persoas corredoras unha serie de servizos á carreira.

martes, 12 de febreiro de 2019

A FEDERACIÓN GALEGA QUERE FOMENTAR O ATLETISMO NA MARIÑA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Federación Galega de Atletismo e o Concello de Mondoñedo chegaron a un convenio de colaboración para establecer unha oficina de traballo da Federación Galega de Atletismo, en clave da comarca da Mariña, que abrangue 16 concellos do norte da provincia de Lugo.

xoves, 7 de febreiro de 2019

CAIXÓNS DE SAÍDA E RECOLLIDA DE DORSAIS NA CORUÑA 21

A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de Marineda Cit. E haberá cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se produzan embotellamentos no inicio da proba. 

domingo, 3 de febreiro de 2019

O SEGUNDO TRAIL RACE FOI MÁIS EXITOSO EN TODOS OS SENTIDOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Contra todo prognóstico debido ao mal tempo meteorolóxico dos últimos días, o segundo Carballo Trail Race, disputado este domingo, foi todo un éxito.