luns, 29 de outubro de 2018

JOSELYN BREA E ALEX FERNÁNDEZ, REAFÍRMANSE EN SANTIAGO

A capital de Galicia daría acollida esta fin de semana a unha das probas máis importantes do calendario de ruta. A celebración da clásica XLI Carreira Popular Pedestre de Santiago botaría a andar como todos os anos por estas datas con milleiros de participantes

domingo, 28 de outubro de 2018

A CARREIRA FAI XUSTIZA CON ALEJANDRO FERNÁNDEZ E RENOVA A SÚA COMPLICIDADE CON JOSELYN (Fonte: Fonte: www.elcorreogallego.es)

Por fin. Todo esforzo ten a súa recompensa, e onte atopou a súa Alejandro Fernández. O atleta ourensán, despois de ser segundo en catro ocasións da Carreira Pedestre Popular de Santiago, organizada polo Grupo Correo Gallego, topouse coa gloria na Praza do Obradoiro

sábado, 27 de outubro de 2018

O CROS CASTRO - SAN MIGUEL CELEBRARASE CON 1.254 PARTICIPANTES (Fonte: www.farodevigo.es)

O  XXIII Cros Escolar A.D.Castro-San Miguel dispútase mañá pola mañá no parque de  Castrelos. O número final de inscritos é de 1.254 atletas, distribuídos en 14 categorías

venres, 26 de outubro de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA A CARREIRA CONTRA O CANCRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O domingo día 11 de novembro desenvolverase a sexta edición da carreira da Asociación Española Contra o Cancro, que se denominará En Marcha contra o Cancro, Corre por Ferrol. 

venres, 26 de outubro de 2018

A COMPETICIÓN RIANXEIRA XA SUMA PRETO DE MEDIO MILLEIRO DE INSCRITOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O próximo día 1 as rúas da vila rianxeira recibirán por centos de deportistas que disputarán a quinta edición da Carreira Popular Concello de Rianxo.

venres, 26 de outubro de 2018

PRESENXA COMARCAL NOS PREMIOS DO CIRCUÍTO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES (Fonte: www.lavozdegalciia.es)

Un total de trinta probas, con nada menos que 15.100 corredores participantes, integraron o quinto Circuíto Provincial de Carreiras Populares, que no que se refire á Costa da Morte recalou nos  concellos de Carballo, Cee, A Laracha, Ponteceso, Cabana, Muxía e Zas. 

venres, 26 de outubro de 2018

UN ANO CHEO DE CARREIRIAS POPULARES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Onte presentouse o calendario do Circuíto Coruña Corre , que para esta tempada ve ampliado o número de probas deportivas populares que se disputarán na cidade. 

xoves, 25 de outubro de 2018

O CONCELLO AVANZA O NOVO CALENDARIO DO CIRCUÍTO CORUÑA CORRE (Fonte: www.coruna.gal)

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de dar a coñecer as novas datas que conformarán o VII Circuíto Coruña Corre, que comezará o 25 de novembro e se estenderá até o final de 2019. 

sábado, 20 de outubro de 2018

UN TOTAL DE 1.432 ATLETAS NA PROBA DE AMES, MAÑÁ (Fonte:www.elcorreogallego.es)

Xa está todo preparado en Bertamiráns para acoller mañá a  XIX Carreira Pedestre Popular  Concello de Ames.

venres, 19 de outubro de 2018

A CLÁSICA PRESENTASE EN NEGREIRA CON NOVIDADES PARA OS ATLETAS GALEGOS

Hoxe as 11:30 da maña presentábase a XXXIX CARREIRA POPULAR NEGREIRA, a proba atlética en ruta con maior puntuación da nosa comunidade dentro no ranking nacional, situada no posto 16 no ano 2016 e acabando o 14 no ano 2017.